Ornette Coleman na Coruña!!
17/9/2007
Se xa normalmente é un pracer ler o zurret d´artal, aínda lle da máis gusto a un atopar novas tan interesantes coma que Ornette Coleman pasará pola Coruña dentro de unha xira que o traerá por España unha segunda vez neste ano (estivo no festival de jazz de Vitoria). A pesar do sucedido no Jazz em Agosto en Lisboa, na opinión de Eduardo Chagas; un non pode máis que achegarse cando unha figura da altura de Coleman decide pasarse pola súa cidade.
Ata o momento non sei onde se celebrará o concerto, só sei que ademais de no zurret está confirmado pola páxina web do propio Coleman. En canto saiba máis serás o primeiro en sabelo. As cidades españolas que visitará Coleman serán:
- 7 de novembro, Barcelona
- 9 de novembro, Zaragoza
- 11 de novembro, Madrid
- 13 de novembro, A Coruña

18/9/2007 at 19:15
dios, pero qué guay!
eso non mo perdo!